Contact us

Subscribe

THE GREEN SOCIAL ECONOMY
OF ECOSYSTEM SERVICES PAYMENT

cropped-cropped-LOGO-no-backgroundObszar-roboczy-1.png

THE GREEN SOCIAL ECONOMY
OF ECOSYSTEM SERVICES PAYMENT

Boas prácticas

Obxectivo do proxecto

O obxectivo do proxecto é recoller e dar a coñecer exemplos de boas prácticas para crear oportunidades e ofrecer directrices para a futura aplicación de iniciativas PSE en Europa.

Proceso

Recolleranse como mínimo 10 boas prácticas en cada un dos países do proxecto e daranse a coñecer durante os talleres MES. Publicamos os exemplos de boas prácticas seleccionados despois de finalizar cada taller.

Que é unha iniciativa PSE?

PSE son as siglas de «pagamento por servizos ecosistémicos».

Os PSE introducen os servizos ecosistémicos nun contorno de mercado, garantindo que os receptores dun servizo ambiental (compradores, como empresas ou administracións públicas) lle paguen ao propietario dese recurso (vendedores, como os propietarios de terras de cultivo), protexendo a continuidade ou a mellora de determinado servizo ecosistémico.

BOAS PRÁCTICAS

aurelien-lemasson-theobald-ViM_uLOdwJ8-unsplash

GLAS

Green Low-Carbon Agri-Environment Scheme (Irlanda)

GLAS ofrece pagamentos para solicitantes que desenvolvan accións para mellorar o contorno rural. GLAS ofrece un pagamento máximo de 5000 euros anuais aos participantes que se comprometan a realizar un plan de accións GLAS.

markus-winkler-qemCHzhnnBI-unsplash

R.E.P.S.

Rural Environment Protection Scheme (Ireland)

R.E.P.S. foi a primeira iniciativa a nivel nacional que animou os granxeiros a protexer o patrimonio natural e cultural de Irlanda. Os granxeiros responsabilizáronse de crear un plan para a protección ambiental, que tiña que incluír medidas de control da polución por un período de cinco anos.

heather-gill-VJa9L3ZVBIc-unsplash

RBAPS

Results Based Agri-Environmental Payment Scheme (Ireland & Spain)

RBAPS foi un ensaio de proxecto de tres anos e medio en Irlanda e España que traballou con granxeiros e grupos de interese, desenvolvendo formas de compensar os granxeiros por faceren posible a biodiversidade nas súas terras. O elemento clave dos métodos para efectuar pagamentos baseados nos resultados é que a cantidade de diñeiro pagada ao granxeiro reflicte a calidade da vida salvaxe e a biodiversidade que se consegue nos seus terreos.

vytas-iNKo-FKjNNY-unsplash

COMUNITA' DEL BOSCO DEL MONTE PISANO

Comunidade do Bosque de Monte Pisano (Italia)

A Comunità del Bosco del Monte Pisano constitúe un lugar de encontro, reflexión, diálogo, comparación e creación de relacións de confianza e colaboración entre cidadáns, empresas e institucións, que busca novas respostas aos problemas contemporáneos para potenciar Monte Pisano e os seus recursos.